Asolagados, o trailer

Xa vos avisabamos a finais de xullo que proximamente rexurdirían do Miño os pobos asolagados polo encoro de Belesar.

E hoxe traémosvos outro “aviso”: o noso trailer para que vaiades “abrindo boca” antes da estrea de Asolagados o próximo mércores 14 de agosto, ás 22:00 horas no Cantón de Chantada. Despois disto, ídesvos perder a presentación de Asolagados? 😉

Asolagados, cartel final!

FaAsolagadosi uns días contabámosvos que Lomarti estaba facéndonos o cartel do documental, e que ó final, a punto da estrea, iamolo desvelar.

Pois aquí o tedes: pintado por Lomarti e co deseño tipográfico de Alba Sánchez, a que tamén creou o noso logotipo e algunha cousiña máis que xa veredes dentro da película…

Quedou máis que xenial, a que si? Moitas grazas artistas!!!

ASOLAGADOS

ASOLAGADOS Estrea Documental

‘Coa auga ó pescozo’ presenta: ASOLAGADOS.                                     Pois aquí estamos, xa era hora de que vos comunicásemos a presentación oficial do documental, a nosa data de estrea! Será dentro da ‘XX Semana de Cinema de Chantada’ (marcádeo ben no voso calendario!):

MÉRCORES 14 de AGOSTO ás 22:00 horas, Praza do CANTÓN, CHANTADA

e como vos adiantamos a principios de xullo, o documental finalmente terá un nome distinto ó blog e ó equipo (‘Coa auga ó pescozo’). ASOLAGADOS representa a todas as persoas, historias e pobos da ribeira que permanecen mergullados nas augas do noso río Miño, pero que nunca estiveron mortos e agora máis que nunca reviven para quedarse con nós para sempre.