Asolagados, cartel final!

FaAsolagadosi uns días contabámosvos que Lomarti estaba facéndonos o cartel do documental, e que ó final, a punto da estrea, iamolo desvelar.

Pois aquí o tedes: pintado por Lomarti e co deseño tipográfico de Alba Sánchez, a que tamén creou o noso logotipo e algunha cousiña máis que xa veredes dentro da película…

Quedou máis que xenial, a que si? Moitas grazas artistas!!!

Agradecemento a Alba

Esta semana queremos adicarlle un espazo moi especial a unha “Xacia do Miño”. Hai moitas persoas ás que temos que agradecerlle a colaboración neste proxecto. E ti Alba es unha delas.

A nosa “serea de auga doce” foi a encargada de crear e deseñar as imaxes de cabeceira do noso blog.

Moitas grazas Alba do Minho porque no só quedaron ben, senon que entendeches perfectamente a idea do documental para “vestir” de forma axeitada a nosa páxina.

O dito: Moitas Grazas Artista!!!