Nota de prensa

Este é un pequeno adianto para tódolos medios de comunicación, para que vaian coñecendo o que fixemos, o que facemos e o que faremos con este documental. Despois desta nota, seguiremos informando:

Nota de prensa

Advertisements

Imaxes da gravación

Para ir abrindo boca aquí vos deixamos algunhas das imaxes da gravación e da impresionante paisaxe da Ribeira Sacra. A baixada do río Miño no encoro de Belesar permitiu ver lugares que estaban soterrados pola auga: Porto, Mourulle, Castro Candaz… Sobran as palabras…

Benvidos a tod@s!!!

Benvidos a tod@s!!!

Hoxe comezamos a nosa andaina polos mundos de Internet porque o que é a nosa andaina audiovisual arredor do río ven xa de lonxe.

Este blog é un espazo no que imos ir poñendo información do noso documental, de outros proxectos relacionados cas presas e dos feitos vinculados cos pobos a carón dos ríos.

Pero sobre todo, queremos que este espazo sexa VOSO, que PARTICIPEDES TODOS E TODAS, aportando as vosas inquedanzas.

Así que ADIANTE!!!