ASOLAGADOS en Vigo, Monforte, Ourense e Ferreira de Pantón 2013!!!

Se a semana pasada anunciabamos que #Asolagados se proxectará a próxima semana dentro do ’18 Festival Internacional de Cine de Ourense’, se logo vos ensinabamos as fotografías da proxección na igrexa de Segán, hoxe agarrádevos ben porque veñen curvas 😉

Esta semana “ímonos de xira coma a Panorama” jeje. Si porque xa podedes anotar ben as datas. A partir deste sábado estaremos en todos estes lugares:

ASOLAGADOS Vigo Monforte Ourense Pantón

– VIGO!!!, NO MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) dentro da programación do 11 Aniversario do MARCO. Este sábado 16 de novembro ás 17:00 horas da tarde queremos ver a tódolos vigueses na proxección-coloquio eh? Non vos esquezades. Contaremos coa intervención dos noso director: David Vázquez e do noso guionista: Afonso Eiré.

Ademais, casualidades da vida (ou non), cando falamos co MARCO sobre esta proxección, comentáronnos que xustamente había unha exposición chamada VERANEANTES onde Olmo Cuña expón ata marzo do 2014, unha obra chamada SOLAGO que fala tamén sobre as vilas e as vidas asolagadas, pero achegándose máis á liña fina que hai entre o progreso, a modernidade, e os restos, a tradición o que está debaixo, o que quedou “asolagado” polas novas construcións e o suposto “avance”. En concreto, este traballo fala da ‘Illa de Toralla’, de cómo se construíu enriba dun castro da Idade do Ferro a Torre de Toralla. Nós esperamos ter tempo para ver esta exposición e esta obra en concreto! Animámosvos a que fagades o mesmo!

Continue reading “ASOLAGADOS en Vigo, Monforte, Ourense e Ferreira de Pantón 2013!!!”

ASOLAGADOS viaxa ó ’18 Festival Internacional de Cine de Ourense’

Como nos gusta isto das sorpresas e de contarvos cousas boas 🙂 E qué temos de novo para que ademais acabe facendo un post no blog? Pois que #Asolagados por fin se estrea no mundo dos festivais de cine!!!

En dúas semanas: o 20-N ás 22:30 no ‘Teatro Principal de Ourense’, o noso documental #Asolagados estará presente no ’18 FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE’, dentro das SECCIÓNS PARALELAS no apartado de PANORAMA GALICIA. Se pinchas aquí verás a información do documental e do director que aparece na imaxe que adxuntamos neste post!

Asolagados Festival Cine Ourense

Despois disto, só me queda dicirvos que vos esperamos o próximo 20-N en Ourense! Coloquio non haberá este día porque esas xa non son horas de facelo, pero algún de nós irá ver a película alí en persoa! Polo que esperamos vervos a todos, sobre todo ós ourensáns e achegados que algún que outro díxonos que tiña moitas gañas dunha estrea de #Asolagados na terra dos afiadores. E esta é a oportunidade que non vos podedes perder!