Primeiras imaxes e probas coa BSO de Chechu Carballido!!!!!

Advertisements

A catástrofe de Ribadelago

E queremos seguir con agradecementos. Desta vez queremos dar as grazas a tódolos seguidores do blog que participan cas súas historias ou enviándonos información relativa a outros documentais de encoros. Animávosvos a todos a que fagades o mesmo.

Desta vez, un amigo sorprendeunos coa historia tráxica da construción da presa de Vega del Tera.

O encoro de Vega del Tera  foi construido pola empresa Moncabril entre os anos 1954 e 1956 a grande velocidade, con materiais de pésima calidade, longas horas de traballo para os empregados e condicións climatolóxicas extremas. O resultado de xuntar todos estes factores adversos deu como resultado unha catástrofe que parecía estar predestinada a suceder desde o primeiro momento. Así, na madrugada do 9 de xaneiro de 1959 ocorría o desastre.
Chovía de maneira torrencial, as comportas non conseguían abrirse e a presión causada polo enorme alude de auga fixo que a presa rebentara. A masa de auga chegou nun breve periodo de tempo ó pobo de Ribadelago o cal se atopaba a 7 km. da presa. O río Tera subíu sobre uns 9 metros de altura arrastrando todo o que atopaba no camiño. O lago de Ribadelago tragou toda a auga impedindo que continuase asolagando os outros pobos situados á marxe do río. De case 600 habitantes que tiña Ribadelago faleceron 144 persoas (moitos deles nenos) e poucos corpos foron recuperados.

Para máis información podedes consultar estas páxinas:
http://foros.embalses.net/showthread.php/2061-Presa-Vega-de-Tera
http://loslugaresolvidados.blogspot.com/2008/01/presa-de-vega-de-tera.html
http://www.afzamorana.es/saltos_hidroelectr.htm

E sobre todo aconsellámosvos ver a reportaxe realizada por Documentos TV en 2009 cando se celebraron 50 anos da traxedia.

http://www.rtve.es/television/20090113/catastrofe-ribadelago/219517.shtml

Tamén se pode ver en:

http://ingenieriaenlared.lacoctelera.net/post/2009/02/01/documentos-tv-catastrofe-ribadelago

Aquí deixamos a primeira parte:

Moitas grazas Kiko, por enviarnos toda esta informacion tan interesante e valiosa!

Non só os medios escritos se fixeron eco da noticia…

O Expreso de Medianoite da Radio Galega parou na nosa Ribeira para falar con David, o director, sobre os pobos asolagados polas augas.

Moitas grazas Victoria Rodríguez por chegar co teu tren ao noso documental, e ó resto de medios que nos adican o seu tempo… todos sodes parte desto coa vosa aportación.

[audio http://www.crtvg.es/podcast_rg/0088/0088_20120122000500.mp3|titles=Programa Expreso de medianoite|artists=Radio Galega]

http://www.crtvg.es/rg/podcast/expreso-de-medianoite-expreso-de-medianoite-do-dia-22-01-2012-221392

O diario En Comun tamen se fai eco da nova

http://www.encomun.es/?p=3846

‘Coa auga ao pescozo’

• Outra das aventuras lévanos ás terras encoradas pola presa da central hidroeléctrica de Belesar en forma de documental audiovisual. Catro mozos da comarca de Chantada viron unha oportunidade na histórica baixada do caudal do río Miño nas terras polas que descende encorado para relatar coma en ningún outro momento se podería facer, o drama dos pobos asolagados pola chegada do mundo moderno e eléctrico. Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa Marta, Pincelo, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida, Ribó e moitos outros lugares quedaron nos pasados meses ao descuberto devolvendo ao pasado a moitos dos veciños que os habitaron hai máis de 50 anos e que contan vivencias inéditas neste documental coma a vida antes do encoro, a emigración “da ribeira á montaña” e múltiples anécdotas. A rodaxe ven de ser rematada recentemente e queda por diante montar horas e horas de gravación para sacar á luz o traballo durante este ano 2012. David Vázquez, Luis García, Humberto Novoa e Cristina López están a realizar este documental en colaboración coa Asociación Educativo-Cultural Airoá Comunicación e con TELEVINTE Chantada Comunicación S.L.

O equipo chantadino do documental ‘Coa Auga ó Pescozo’ .