ASOLAGADOS: Proxección e Presentación DVDs en Chantada 2015

Como vai todo ribeiraos?

Aquí estamos de novo cos nervios a flor de pel… outra vez… Estamos ilusionados por chegar ata esta fin de etapa co noso querido #ASOLAGADOS.

Este próximo sábado, 26 de decembro, PROXECTAMOS #Asolagados no Auditorio de Chantada ás 20:00 horas e ademais, PRESENTAMOS O DVD (en galego, español e inglés) o cal poderedes adquirir trala proxección (Prezo: 15 euros).

Todo comezou un 2 de xullo de 2011… A auga do encoro de Belesar baixara nese ano ata mínimos históricos por mor dunhas obras na central hidroeléctrica. Catro mariñeiros de auga doce: Humberto, Luis e Cristina dirixidos polo capitán David, collían o pouco material técnico do que dispoñían e dirixíanse ás aldeas anegadas Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa Marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida, Ribó… e que nese intre volveran ver a luz. Gravaron a paisaxe desoladora que quedou sen vida cando chegou a auga no 1963 e logo puideron contactar cos e cas verdadeir@s protagonistas de  #Asolagados: Eduardo, Antonio, Luisa, Segundo, Aurora, Machina, José Ramón, Fernando ‘O Barqueiro’, Fidelina, Evangelina e Norman.

Tras dous anos de gravación durante a baixada e subida das augas do Miño,  #Asolagados estreouse o 14 de agosto do 2013 con moitos nervios e cunha gran acollida da que non nos cansaremos de dar as GRAZAS .

Pero aí non rematou todo. Seguimos cunha “xira de proxeccións por toda Galicia” e ata estivemos en Madrid . Pasiño a pasiño fixemos camiño, adicando moitas horas de vida, pero sen ningún arrepentimento.

E aínda hai máis. Logo inserimos o noso filme en festivais de todo o mundo: Ischia Italia, Bogotá, Texas, Berlín, Los Ángeles…gañando #Asolagados o 1º Premio dentro da súa categoría do #CompetiçãoOlhareseEnquadramentos no Rios – Festival Internacional de Cinema Documental e Transmedia.

E por fin, ata aquí chegamos para ofrecervos a tod@s os que queirades e poidades vir desfrutar do noso querido filme esta fin de semana (Sábado 26 de decembro ás 20:00 horas ó Auditorio de Chantada) e senon poderedes mercalo na LIBRERÍA CENTRAL de Chantada e en máis puntos da comarca e de Galicia que iremos actualizando cando teñamos a listaxe oficial.

Pouco a pouco irmémosvos informando a través das nosas redes sociais e dos medios de comunicación dos puntos de venda. TELEVINTE CHANTADA xa comezou a facerse eco da nova  “Proxección no auditorio e posta á venta do DVD de #Asolagados”.

MOTIAS GRAZAS A TO@S!!!

Advertisements

Autor: kris pereiras

Aprendiz da vida real e virtual. Intentando ser unha Community Manager entre o rural e o urbano. Publicidade, Turismo e Audiovisual. Embaixadora de Chantada. Amante da Ribeira Sacra. Montañesa que quere ser ribeirá.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s