Carballiño, Portomarín e Taboada estarán ben ASOLAGADOS este decembro 2013!!!

Pensabades que en decembro non iamos falar máis do documental? Pois se tiñades esta idea estabades ben equivocados. A xira de #Asolagados continúa 🙂 Collede papel e lapis, móbil… ou gravádeo directamente na cabeza:

ASOLAGADOS Proxeccións Decembro

CARBALLIÑO: este próximo venres 13, invitados polo ‘Cineclube Carballiño’, no Auditorio Municipal, por partida dobre: 20:00 e 23:00 horas. Os que saian tarde de traballar non teñen escusa, porque ó segundo pase chegan de sobra.. hehe.

– PORTOMARÍN: a próxima fin de semana: sábado 21 de decembro ás 18:30 horas na Casa da Cultura (convidáronnos para presentar o documental dentro das ‘Xornadas sobre a Historia de Galiza’.)

– TABOADA: a última fin de semana do ano, o sábado 28 de decembro ás 18:00 horas no Bar ‘Mario’.

Si, en Taboada xa sabedes que foi un dos primeiros lugares onde proxectamos (sábado 21 de setembro). Pero como xa vos contamos a través do noso facebook no seu momento, os problemas técnicos fixeron que o público que veu a velo se tivese que ir coas gañas de rematalo. Prometéramos que volveríamos a proxectar aquí e así o facemos.

Como sempre, se non hai imprevistos de última hora, o director: David Vázquez e eu como mínimo, estaremos nas diferentes presentacións deste decembro. O guionista, Afonso Eiré, tamén estará presente na proxección-coloquio de Portomarín.

E ribeiraos: non vos despistedes porque en XANEIRO temos máis proxeccións… E atentos porque hai unha SORPRESA preparada que cremos que vos vai encantar a tod@s!!! Por agora non digo máis. Se vos portades ben cóntovola despois de Reis 😉

E por se non me dá tempo a volver antes de fin de ano por aquí, xa volo deixo dito:

BO NADAL e un 2014 cheo de asolagamentos, pero dos bos!!!

Advertisements

Autor: kris pereiras

Aprendiz da vida real e virtual. Intentando ser unha Community Manager entre o rural e o urbano. Publicidade, Turismo e Audiovisual. Embaixadora de Chantada. Amante da Ribeira Sacra. Montañesa que quere ser ribeirá.

4 thoughts on “Carballiño, Portomarín e Taboada estarán ben ASOLAGADOS este decembro 2013!!!”

    1. Vin Asolagados onte no Carballiño. Magnífico. A dirección, a fotografía, o montaxe, a música…Gracias, moitas gracias por esta obra de arte e testimuña do que NON se debe facer. Noraboa a todos e seguide creando. Bicos.

      1. Fillaprodiga, xa che respondemos no teu blogue, pero volvémolo a dicir por aquí: MOITAS GRAZAS!!! Alégranos moito saber que te fuches tan contenta da proxección do Carballiño!

  1. Grazas a vos por facernos ver a moitos o que foi, o que é e o que pudo ser, por as preciosas imaxes, por o traballo. Bicos. Vémonos na feira do viño de Chantada na bodega do Chicho 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s