ASOLAGADOS en Vigo, Monforte, Ourense e Ferreira de Pantón 2013!!!

Se a semana pasada anunciabamos que #Asolagados se proxectará a próxima semana dentro do ’18 Festival Internacional de Cine de Ourense’, se logo vos ensinabamos as fotografías da proxección na igrexa de Segán, hoxe agarrádevos ben porque veñen curvas 😉

Esta semana “ímonos de xira coma a Panorama” jeje. Si porque xa podedes anotar ben as datas. A partir deste sábado estaremos en todos estes lugares:

ASOLAGADOS Vigo Monforte Ourense Pantón

– VIGO!!!, NO MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) dentro da programación do 11 Aniversario do MARCO. Este sábado 16 de novembro ás 17:00 horas da tarde queremos ver a tódolos vigueses na proxección-coloquio eh? Non vos esquezades. Contaremos coa intervención dos noso director: David Vázquez e do noso guionista: Afonso Eiré.

Ademais, casualidades da vida (ou non), cando falamos co MARCO sobre esta proxección, comentáronnos que xustamente había unha exposición chamada VERANEANTES onde Olmo Cuña expón ata marzo do 2014, unha obra chamada SOLAGO que fala tamén sobre as vilas e as vidas asolagadas, pero achegándose máis á liña fina que hai entre o progreso, a modernidade, e os restos, a tradición o que está debaixo, o que quedou “asolagado” polas novas construcións e o suposto “avance”. En concreto, este traballo fala da ‘Illa de Toralla’, de cómo se construíu enriba dun castro da Idade do Ferro a Torre de Toralla. Nós esperamos ter tempo para ver esta exposición e esta obra en concreto! Animámosvos a que fagades o mesmo!

MONFORTE DE LEMOS, no CENTRO DO VIÑO da Ribeira Sacra, o seguinte día: domingo 17 de novembro.  E estaremos cediño: ás 11:30 da mañá! Proxectaremos e falaremos de #Asolagados dentro do ‘Encontro de Cineclubes de Galicia, Portugal e Cataluña. Sabemos que é cedo, un domingo pola mañá, pero o documental meréceo e é un bo plan para madrugar aínda que só sexa este domingo 😉

OURENSE no TEATRO PRINCIPAL dentro do ’18 Festival Internacional de Cine de Ourense’,  mércores 20-N ás 22:30. Esta vez só é proxección e xa vola contamos o outro día, pero tamén volo queríamos lembrar por aquí de novo.

FERREIRA DE PANTÓN no EDIFICIO SOCIOCULTURAL! Isto xa o sábado seguinte: 23 de novembro. Aínda temos que confirmar a hora, pero para que os ribeiraos de Pantón o vaiades tendo en conta e para a semana xa volo aseguramos polo noso facebook e twitter.

E ter temos máis, pero por agora non as desvelamos! Xa cubrimos máis ou menos tódalas provincias galegas. A Coruña aínda se nos resiste. Temos que facer “máis negociacións” e se alguén máis quere contactar con nós para unha nova proxección, nós encantados! Aquí deixo o noso e-mail: coaaugaopescozo@gmail.com

E o dito: esta semana espero vervos a todos en Vigo, Monforte de Lemos, Ourense e Ferreira de Pantón (que eu andarei por todas e pasarei lista coma sempre 😉

Advertisements

Autor: kris pereiras

Aprendiz da vida real e virtual. Intentando ser unha Community Manager entre o rural e o urbano. Publicidade, Turismo e Audiovisual. Embaixadora de Chantada. Amante da Ribeira Sacra. Montañesa que quere ser ribeirá.

1 thought on “ASOLAGADOS en Vigo, Monforte, Ourense e Ferreira de Pantón 2013!!!”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s