As almas do fental. Chantada, Galicia, o cine, e o mundo rural

Xa facía que non escribía por aquí, pero entre as últimas proxeccións como a do venres pasado en Lugo e as que están por vir (algunhas xa pechadas por Galicia adiante) e que iremos anunciando a través do noso facebook e twitter, non tiven moito tempo de facer un artigo en condicións.

Ademais, pensaba “volver por estes lares” con outra cousiña (que me gardarei para máis adiante), sen embargo, o domingo apareceu unha noticia que ben merecía un post no noso blog.

Si, xa o anunciamos o domingo pasado 27 de outubro, tanto no noso facebook coma no twitter: que AS ALMAS DO FENTAL, curta de David Vázquez, o noso director de #Asolagados, e na que participaron moitos membros do noso equipo: Humberto (cámara), Luis (son), Chechu, Fernando Morán (actor protagonista), e realizada a través da mesma Asociación Educativo-Cultural Airoá Comunicación coa colaboración de TELEVINTE CHANTADA COMUNICACIÓN S.L., foi premiada no ‘III concurso de Cortometrajes’ da “Muestra de Cine Rural de Dos Torres’ de Córdoba: http://bitly.com/18sjyOh

Non é polos cartos do premio (que realmente só é un detalle), non é pola aparición nos medios que se fixeron eco da noticia: Televinte, Radio GalegaCinemascampo, Hoy al día … Senón que é pola alegría e a sorpresa de ver que un traballo que tanto gustou facelo (desde dentro, ós meus compañeiros, e desde fóra a min mesma), un proxecto que fai reflexionar porque fala en galego do rural, do noso, dunha triste realidade que está acontecendo en Galicia e noutras moitas partes… sexa recoñecido e valorado fóra da casa.

Así que só me queda dicir que parece que durante uns días: o mundo rural de Chantada, da Ribeira Sacra e de Galicia enteira, estiveron “de moda”, na boca e nos ollos de xente de dentro do cine e do público en xeral. E isto a min, persoalmente, emocióname moito. A ver si se repite, e que sexa por algo tan bo coma isto, por exemplo, con #Asolagados 😉

Para os que non vistes a curta, aquí vola deixamos:

En castelán: http://www.youtube.com/watch?v=i6Mhn4yjACc

O making of de ‘As almas do Fental’: http://www.youtube.com/watch?v=qQb7tqN_kEQ

 E ‘As almas do Fental’, en galego:

Advertisements

Autor: kris pereiras

Aprendiz da vida real e virtual. Intentando ser unha Community Manager entre o rural e o urbano. Publicidade, Turismo e Audiovisual. Embaixadora de Chantada. Amante da Ribeira Sacra. Montañesa que quere ser ribeirá.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s