ASOLAGADOS: Making Of

Antes de comezar, darvos MILES E MILES DE GRAZAS pola acollida de ASOLAGADOS durante a estrea na Praza do Cantón de Chantada o pasado 14 de agosto.

Pouco a pouco faremos máis proxeccións e enviando o documental a festivais. Iremos informándovos. Xa sabedes que nos imos lentos, pero seguros 😉

Hoxe, para ir abrindo setembro, deixámosvos co MAKING OF’, o ‘COMO SE FIXO’, o ‘ASÍ SE GRAVOU o noso documental: ASOLAGADOS’. Aquí veredes ós nosos protagonistas: EDUARDO, ANTONIO, LUISA, SEGUNDO, AURORA, MACHINA, JOSÉ RAMÓN, FERNANDO, FIDELINA, EVANGELINA e Norman (‘Fervenza Restaurante e Casa Rural de Lugo’). 

Tamén saímos nós, Coa auga ó pescozo : a alma, o director e “capitán”: DAVID VÁZQUEZ: sabía todo seica, pero queríasenos ir 😉 ; Humberto, que resistiu ata o final a pesar das difíciles posicións que tiña que adoptar para gravar desde terra e auga; Luis, home pegado a cascos e micros, que por moito que non quería saír en cámara non lle quedou outra; e tamén a “menda” que escribe: Kris Pereira’s, que por moito que dixera “no quiero no quiero” en modo “castelán-irónico”, ben que lle gustaba estar no río e na ribeira e quedaba a vivir nos paraísos asolagados!

E como non, agradecer a tódalas persoas que saen no vídeo e que nos axudaron con diferentes achegas na gravación:

Begoña Vázquez, a nosa “panadeira-produtora”, neta do Machina e muller de ribeira que nos axudou tanto tanto a localizar os lugares e ós protagonistas.

Fernando Ibarra: foi o barqueiro que nos fixo unha viaxe polas augas do Miño en Porto no seu batuxo. Como remaba, que forza.

Manuel L.Calvo, que nos baixou no seu todo terreo a barca do Ibarra a Porto (non sei aínda como conseguimos metela por alí abaixo e por riba marcha atrás… mellor dito, como conseguíu facelo el.)

José Antonio e Lucas Lorenzana, os dous irmáns, acompañados da súa nai, que nos levaron desde a cabeza do encoro de Belesar, ata Mourulle na súa lancha. Unha viaxe que persoalmente eu lles agradezo moitísimo e nunca esquecerei o privilexio que tiven de viaxar por terra e auga polos lugares máis “mimosos” do mundo.!!!

Mariano e Cierna, foron os que nos baixaron en quad a Mourulle e Portomeñe. Se non fose por eles quén nos vería baixando material: cámaras, trípode, micros… e toda a comida deses días a pé polo piñeiral e polos “penedos” de Portomeñe abaixo… E sobre todo subir logo con todo… (Tamén grazas ós fillos de Luisa: ó do Bar Mera de Currelos e a Marcos, por botarnos unha man ese día cos seus quads). Marabillosa idea a destes aparellos.!!!

Á miña homónima: Cristina, por acompañarnos, aguantarnos, e levarnos o día de Portomeñe as empanadas máis ricas do mundo.

E por certo, a música que se escoita neste ‘Making Of’ é a do grupo do noso compositor: Chechu Carballido, chamado PATRIA SONORA! Moitas grazas por cedérnola para o ‘Así se gravou Asolagados’:


Advertisements

Autor: kris pereiras

Aprendiz da vida real e virtual. Intentando ser unha Community Manager entre o rural e o urbano. Publicidade, Turismo e Audiovisual. Embaixadora de Chantada. Amante da Ribeira Sacra. Montañesa que quere ser ribeirá.

6 thoughts on “ASOLAGADOS: Making Of”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s