ASOLAGADOS

ASOLAGADOS Estrea Documental

‘Coa auga ó pescozo’ presenta: ASOLAGADOS.                                     Pois aquí estamos, xa era hora de que vos comunicásemos a presentación oficial do documental, a nosa data de estrea! Será dentro da ‘XX Semana de Cinema de Chantada’ (marcádeo ben no voso calendario!):

MÉRCORES 14 de AGOSTO ás 22:00 horas, Praza do CANTÓN, CHANTADA

e como vos adiantamos a principios de xullo, o documental finalmente terá un nome distinto ó blog e ó equipo (‘Coa auga ó pescozo’). ASOLAGADOS representa a todas as persoas, historias e pobos da ribeira que permanecen mergullados nas augas do noso río Miño, pero que nunca estiveron mortos e agora máis que nunca reviven para quedarse con nós para sempre.

 

Advertisements

Autor: kris pereiras

Aprendiz da vida real e virtual. Intentando ser unha Community Manager entre o rural e o urbano. Publicidade, Turismo e Audiovisual. Embaixadora de Chantada. Amante da Ribeira Sacra. Montañesa que quere ser ribeirá.

8 thoughts on “ASOLAGADOS”

  1. Agardo con moito interés a estrea do voso documental. Parabens por adiantado para todos-as que o fixestes posible.
    Fai agora dous anos visitei a zona de Mourulle e Castro Candaz, non son da zona pero no poiden evitar imaxinar os sentimentos das persoas que viviron neses lugares e tiveron que marchar pola culpa do encoro.
    Grazas.

    1. Carlos, que alegría que alguén, que ademais non é de aquí, nos diga esas palabras e tivera esas empatías. MOITAS GRAZAS. Esperámoste o 14 ás 22.00 en Chantada!!!

  2. Enteréime con so 10 oras de atraso; ¡ que mágoa !.
    Eu lembro de pequeno o “paraíso” perdido; agora semella un camposanto, que ficou unha tempada coas carcasas, dunha estrana beleza, ó ar.
    Felicidades polo docu. E un dos temas máis fortes e orixináis da ribeira miñota.
    Pasarédelo a DVD ?.

    1. Moitas grazas polas túas palabras Xesús! Foi unha pena que non viñeses! A Dvd pasarémolo máis adiante e na web… Por agora temos primeiro que subitulalo, levalo a festivais… pouco a pouco iremos facendo difusión e movéndoo. Saúdos e grazas polo interesés.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s