A Ribeira

Para algunhas persoas o seu país é España, para outras Galicia, e hai xente que ‘non ten país’, que di ser simplemente cidadán do mundo.
Se eu tivera que describir de ónde son, mellor directamente preguntaríalle ós demais: ós que me coñecen moito ou pouco porque rapidamente responderían:
de CHANTADA, ‘Corazón de Galicia’ Esta é a miña terra, o meu país, a miña xente que levo no corazón, que non é peor nin mellor ca outros, pero que defendo con unllas e dentes porque é onde “nacín” e onde “pacín”; como se diría lembrándome do refrán.
E paradoxalmente, eu, que son “montañesa”, como diría un dos nosos protagonistas que coñeceredes no seu momento; sempre adorei a Ribeira, a nosa Ribeira Sacra en xeral, e a chantadina en particular …
A verdade é que teño estado en case tódalas ‘Feiras do Viño’ desde que nacín. E espero estar na deste ano que se celebra en breves: 9, 10 e 11 de marzo, pero realmente non entendo moito de viños. Estou comezando a aprender a saborealos. Co paso dos anos un vai preparando o padal para apreciar as cousas boas.
Moitas veces oín ó meu pai falar de cómo se poda, da trasfega, do bullo… verbas todas elas relacionadas co proceso de elaboración do caldo, pero nunca estiven presente nelas. Poucas veces fun á vendima dalgún coñecido, porque como dixen antes: son “monañesa” e sen ribeira…
E sen embargo algo hai aló abaixo preto do río Miño que me chama continuamente para que vaia visitar esa paisaxe, coñecer toda a súa historia e segredos… Pouco a pouco vou coñecendo todo o que mostra a Ribeira, o xeral, e cada vez máis os detalles pequenos…
Algún día plantarei vides, podarei as cepas, recollerei as uvas e prepararei un viño “made in feito en Pereira” , pero namentres voume conformando con ir bebendo os nosos mencías e facendo documentais cos que intentar desenterrar o mergullado pola auga na Ribeira que rodea a todo o encoro de Belesar (que xa non é pouco).

Advertisements

Autor: kris pereiras

Aprendiz da vida real e virtual. Intentando ser unha Community Manager entre o rural e o urbano. Publicidade, Turismo e Audiovisual. Embaixadora de Chantada. Amante da Ribeira Sacra. Montañesa que quere ser ribeirá.

8 thoughts on “A Ribeira”

  1. Que ben escrito!…Xa me dirás que é trasfegar e o bullo. De onde son eu somosche máis de millo e patacas, aínda que nos últimos anos estámonos a especializar en agricultura de cidade ou agricultura turística (é dicir, o que plantarían os de cidade se vivisen no campo). Isto é, productos pouco autóctonos pa quedar de guais….en fin…renovarse ou morrer, que dixo aquel…..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s