A catástrofe de Ribadelago

E queremos seguir con agradecementos. Desta vez queremos dar as grazas a tódolos seguidores do blog que participan cas súas historias ou enviándonos información relativa a outros documentais de encoros. Animávosvos a todos a que fagades o mesmo.

Desta vez, un amigo sorprendeunos coa historia tráxica da construción da presa de Vega del Tera.

O encoro de Vega del Tera  foi construido pola empresa Moncabril entre os anos 1954 e 1956 a grande velocidade, con materiais de pésima calidade, longas horas de traballo para os empregados e condicións climatolóxicas extremas. O resultado de xuntar todos estes factores adversos deu como resultado unha catástrofe que parecía estar predestinada a suceder desde o primeiro momento. Así, na madrugada do 9 de xaneiro de 1959 ocorría o desastre.
Chovía de maneira torrencial, as comportas non conseguían abrirse e a presión causada polo enorme alude de auga fixo que a presa rebentara. A masa de auga chegou nun breve periodo de tempo ó pobo de Ribadelago o cal se atopaba a 7 km. da presa. O río Tera subíu sobre uns 9 metros de altura arrastrando todo o que atopaba no camiño. O lago de Ribadelago tragou toda a auga impedindo que continuase asolagando os outros pobos situados á marxe do río. De case 600 habitantes que tiña Ribadelago faleceron 144 persoas (moitos deles nenos) e poucos corpos foron recuperados.

Para máis información podedes consultar estas páxinas:
http://foros.embalses.net/showthread.php/2061-Presa-Vega-de-Tera
http://loslugaresolvidados.blogspot.com/2008/01/presa-de-vega-de-tera.html
http://www.afzamorana.es/saltos_hidroelectr.htm

E sobre todo aconsellámosvos ver a reportaxe realizada por Documentos TV en 2009 cando se celebraron 50 anos da traxedia.

http://www.rtve.es/television/20090113/catastrofe-ribadelago/219517.shtml

Tamén se pode ver en:

http://ingenieriaenlared.lacoctelera.net/post/2009/02/01/documentos-tv-catastrofe-ribadelago

Aquí deixamos a primeira parte:

Moitas grazas Kiko, por enviarnos toda esta informacion tan interesante e valiosa!

Advertisements

4 thoughts on “A catástrofe de Ribadelago”

  1. Ola: Non coñeciamos a vosa páxina e polo que vemos vós si a nosa. Agradecervos o enlace e dicirvos que nós facemos o propio coa vosa.
    Un saúdo desde as terras friolesas.

    1. Amigos de Friol, hoxe botándolle un ollo ó blog démonos conta de varios erros e comentarios que non chegaron coma un que vos mandaramos a vós xa fai máis dun ano.
      Perdoade a demora en resolver este erro!
      Saúdos!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s