Puntos de venda DVD ASOLAGADOS ~ Galicia 2016

Remata outro ano moi especial para nós, un ano no que volvemos presentar ‪#‎Asolagados en Chantada e no que puxemos á venda os dvds.

Como tod@s nos preguntades os puntos onde podedes mercalo xa podemos darvos unha listaxe de librarías de toda Galicia.

Apuntade para mercar o mellor agasallo de Reis e de todo o Nadal 😉

CHANTADA Libraría CENTRAL  – R/ Leonardo Rodríguez, 11

TABOADA  ➡ Libraría ARCO IRIS  – Avda. de Lugo, 81

ESCAIRÓNLibraría LOELA  – R/ Rosalía de Castro, 8

MONFORTELibraría AGRASAR  –  R/ Cardenal, 38   

PORTOMARÍNLibraría  ROSALÍA DE CASTRO  – R/ Compostela, 6     

A CORUÑALibraría  BERBIRIANA  – R/ Santiago, 7

LUGOLibraría  TRAMA  – Avda. da Coruña, 21

OURENSE  ➡ Libraría TANCO  – R/ Cardenal  Quevedo, 22

PONTEVEDRA  ➡ Libraría PAZ  – R/ Peregrina,  29

VIGO Libraría  ANDEL  – Avda. Camelias, 102

SANTIAGO  ➡  Libraría PEDREIRA  – Rúa do Home santo, 55

PAZO DE SABADELLEPacio, Sabadelle, 27517 Chantada

ECOMUSEO DE ARXERIZ ➡ Arxeriz, Fión 27548 O Saviñao 

* Iremos ampliando algún punto a maiores segundo nolo soliciten.

** Para os que esteades fóra de Galicia e queirades mercar o noso documental #Asolagados, por favor poñédevos en contacto con nós a través do noso e-mail:  coaaugaopescozo@gmail.com.  

Moitas grazas!

 

Cartel Post Asolagados 31 dic
Puntos de venda DVD ASOLAGADOS ~ Galicia

 

Feliz Aninovo a tod@s e que neste 2016 se cumpran tódolos vosos e nosos soños  #Asolagados

ASOLAGADOS: Proxección e Presentación DVDs en Chantada 2015

Como vai todo ribeiraos?

Aquí estamos de novo cos nervios a flor de pel… outra vez… Estamos ilusionados por chegar ata esta fin de etapa co noso querido #ASOLAGADOS.

Este próximo sábado, 26 de decembro, PROXECTAMOS #Asolagados no Auditorio de Chantada ás 20:00 horas e ademais, PRESENTAMOS O DVD (en galego, español e inglés) o cal poderedes adquirir trala proxección (Prezo: 15 euros).

Continue reading “ASOLAGADOS: Proxección e Presentación DVDs en Chantada 2015”

ASOLAGADOS en A Pobra do Brollón, Santiago de Compostela, A Coruña e MADRID 2014!!!

Moi Feliz Ano a tod@s ribeiraos!!!

Esperamos que forades moi bos e que o Papa Noel, Apalpador e/ou Reis, se portasen moi ben con vós😉

Ultimamente estamos moi atarefados a nivel profesional (cousa que se agradece moito nos tempos que corren). Húmber e Luis volveron ós seus traballos despois das vacacións. O director e Lucía, unha das nosas colaboradoras, convertíronse en socios na procura de novas aventuras audiovisuais. (Moita sorte!). E eu ando descubrindo novos camiños.  A ver no dá todo isto e espero que me siga permitindo seguir falándovos de #Asolagados de vez en cando.

Pero hoxe non viñen por aquí para falarvos de min nin das nosas vidas. Isto non é o lugar. Aquí o primordial son os nosos protagonistas e o noso “fillo” #Asolagados!

E hoxe tráemosvos o agasallo de Reis prometido. As proxeccións de #Asolagados para xaneiro e febreiro (as que hai por agora confirmadas).

Anotade ben porque entre elas hai unha que costou, pero aquí está: fóra de Galicia!!!

A Pobra do Brollón  11 xaneiro 2014 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ás 20:00 horas

Santiago de Compostela  18 xaneiro 2014 Museo do Pobo Galego ás 17:00 h.

MADRID 27 xaneiro 2014 na Casa de Galicia ás 19:00 h.

Coruña 8 febreiro 2014 no CGAI ás 18:00 h.

DOCUMENTAL ASOLAGADOS tagxedo2

Estamos contentísimos sempre por cada proxección que facemos, pero a de MADRID é especial. Levar o documental para que a xente o vexa alí vai ser incrible! Porque levámonos #Asolagados subtitulado así que tanto galegos como non galegos poderedes vir a velo.

A que esperades? Vide e/ou avisade a tódolos vosos amig@s e familia a que veñan ver o documental que por falta de pobo/cidade onde ir a velo non será!

Seguide atentos ó noso facebook e twitter porque segundo se achegue cada unha delas xa vos informamos a través das nosas redes coma sempre🙂

Parabéns a Asolagados por http://fillaprodiga.wordpress.com/

Ler palabras coma estas despois das proxeccións, dá forzas para seguir difundindo o noso pequeno-gran proxecto: Asolagados!
Grazas!!!

fillaprodiga

Magnífico documental de David Vázquez y el grupo COA AUGA Ó PESCOZO.

Una triste historia que de forma magnífica (fotografía, música, montaje) relata lo que supuso la construcción del embalse de Belesar para las aldeas que quedaron anegadas.

Todo por culpa del que no paraba de decir “queda inaugurado este pantano”.

Y además, barriendo para casa, mis queridos amigos Chicho y Clara tienen una directísima relación con este documental. David es hermano de ella y el compositor de la música, Chechu Carballido, es sobrino de él. Chechu es un jovencísimo artista a quien se le augura un futuro muy prometedor. Con su hermano tiene un grupo, PATRIA SONORA.

Os dejo unos enlaces por si queréis investigar un poco más.

https://coaaugaopescozo.com/

http://www.patriasonora.com/indexg.html

https://www.facebook.com/patriasonora

Y un corto, As almas do Fental, tierno y bello, triste y dulce. Muy contenta de haber descubierto a David Vázquez. Os dejo con el corto:

View original post

Carballiño, Portomarín e Taboada estarán ben ASOLAGADOS este decembro 2013!!!

Pensabades que en decembro non iamos falar máis do documental? Pois se tiñades esta idea estabades ben equivocados. A xira de #Asolagados continúa🙂 Collede papel e lapis, móbil… ou gravádeo directamente na cabeza:

ASOLAGADOS Proxeccións Decembro

CARBALLIÑO: este próximo venres 13, invitados polo ‘Cineclube Carballiño’, no Auditorio Municipal, por partida dobre: 20:00 e 23:00 horas. Os que saian tarde de traballar non teñen escusa, porque ó segundo pase chegan de sobra.. hehe.

– PORTOMARÍN: a próxima fin de semana: sábado 21 de decembro ás 18:30 horas na Casa da Cultura (convidáronnos para presentar o documental dentro das ‘Xornadas sobre a Historia de Galiza’.)

– TABOADA: a última fin de semana do ano, o sábado 28 de decembro ás 18:00 horas no Bar ‘Mario’.

Continue reading “Carballiño, Portomarín e Taboada estarán ben ASOLAGADOS este decembro 2013!!!”

ASOLAGADOS en Vigo, Monforte, Ourense e Ferreira de Pantón 2013!!!

Se a semana pasada anunciabamos que #Asolagados se proxectará a próxima semana dentro do ’18 Festival Internacional de Cine de Ourense’, se logo vos ensinabamos as fotografías da proxección na igrexa de Segán, hoxe agarrádevos ben porque veñen curvas😉

Esta semana “ímonos de xira coma a Panorama” jeje. Si porque xa podedes anotar ben as datas. A partir deste sábado estaremos en todos estes lugares:

ASOLAGADOS Vigo Monforte Ourense Pantón

– VIGO!!!, NO MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) dentro da programación do 11 Aniversario do MARCO. Este sábado 16 de novembro ás 17:00 horas da tarde queremos ver a tódolos vigueses na proxección-coloquio eh? Non vos esquezades. Contaremos coa intervención dos noso director: David Vázquez e do noso guionista: Afonso Eiré.

Ademais, casualidades da vida (ou non), cando falamos co MARCO sobre esta proxección, comentáronnos que xustamente había unha exposición chamada VERANEANTES onde Olmo Cuña expón ata marzo do 2014, unha obra chamada SOLAGO que fala tamén sobre as vilas e as vidas asolagadas, pero achegándose máis á liña fina que hai entre o progreso, a modernidade, e os restos, a tradición o que está debaixo, o que quedou “asolagado” polas novas construcións e o suposto “avance”. En concreto, este traballo fala da ‘Illa de Toralla’, de cómo se construíu enriba dun castro da Idade do Ferro a Torre de Toralla. Nós esperamos ter tempo para ver esta exposición e esta obra en concreto! Animámosvos a que fagades o mesmo!

Continue reading “ASOLAGADOS en Vigo, Monforte, Ourense e Ferreira de Pantón 2013!!!”

ASOLAGADOS viaxa ó ’18 Festival Internacional de Cine de Ourense’

Como nos gusta isto das sorpresas e de contarvos cousas boas🙂 E qué temos de novo para que ademais acabe facendo un post no blog? Pois que #Asolagados por fin se estrea no mundo dos festivais de cine!!!

En dúas semanas: o 20-N ás 22:30 no ‘Teatro Principal de Ourense’, o noso documental #Asolagados estará presente no ’18 FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE’, dentro das SECCIÓNS PARALELAS no apartado de PANORAMA GALICIA. Se pinchas aquí verás a información do documental e do director que aparece na imaxe que adxuntamos neste post!

Asolagados Festival Cine Ourense

Despois disto, só me queda dicirvos que vos esperamos o próximo 20-N en Ourense! Coloquio non haberá este día porque esas xa non son horas de facelo, pero algún de nós irá ver a película alí en persoa! Polo que esperamos vervos a todos, sobre todo ós ourensáns e achegados que algún que outro díxonos que tiña moitas gañas dunha estrea de #Asolagados na terra dos afiadores. E esta é a oportunidade que non vos podedes perder!